Noticias

Tal e como vimos anunciando nas distintas parroquias da unidade de atención parroquial o próximo día 8 de outubro un iremonos á peregrinación diocesana a Santiago de Compostela. un día de convivencia e oración no que gañar o Xubileo ó pé do Apóstolo Santiago.

No día de hoxe comezamos as distintas novenas na nosa UAP na honra á Santísima Virxe María. Ademáis das Portas Abertas en Torneiros teremos os Remedios en San Martiño de Pazó e A Torre en Santa Baia de Urrós.

PORTAS ABERTAS

26.08.2022

Este domingo comezamos cos actos relixiosos na honra á Virxe María baixo a advocación de Portas Abertas que se venera na parroquia de San Miguel de Torneiros.

O 14 e o 15 de agosto xuntámonos no pobo de Vilar de Flores para celebrar a Asunción da Virxe María ós Ceos. Este ano ademáis visitou por primeira vez o noso Bispo este Santuario onde manifestou a sua gratitude por estar aquí e pola manifestación de cariño que os devotos mostrán á Nosa Señora neste lugar.

Rematadas as festas de Sn Benito na vila de Allariz continuamos coa novena e festa en honor a Virxe do Carme e tamén o triduo ó Santiago.

A novena de San Benito foi un momento de Gracia para a nosa Unidade de atención parroquial. Presidiron a novena distintos sacerdotes diocesanos que tiveron moito que ver no camiño de formación dos nosos párrocos. E ademáis acompañaronnos distintas corais que nos axudaron a rezar máis e mellor: Ruada, Entrimo, Coral Arnoia de Allariz, Queiroás e,...