Ministerios de Lectorado e Acolitado
O pasado domingo día 4 na capela do Seminario Maior tivo lugar a colación de ministerios a nove seminaristas da nosa diócese.
O pasado domingo día 4 na capela do Seminario Maior tivo lugar a colación de ministerios a nove seminaristas da nosa diócese.
Ademáis da festa de San Xoan Bosco coa que pechamos o mes de xaneiro na parroquia de Allariz ó longo fdo mes tivemos festa en San Xoan de Seoane e San Martiño de Pazó; nelas celebramos o San Antón e o San Paulo ("San Paio"). Uns días de alegría e fe nos que nos encomendamos á protección destes intercesores.
Maña e pasado celebraremos duas festas cunha fonda tradición no pobo cristián: a festa das Candeas e o San Blas. Na imaxe adxunta compartimos os horarios destas celebracións na nosa unidade de atención parroquial. Maña bendeciremos as candeas e o sábado o pan que traian das suas casas.
O domingo 21 de xaneiro celebramos o día adicado de forma especial á Palabra de Deus.
Ó longo deste tempo que pasamos de Nadal os cristiáns tratamos de vivir dun modo máis intenso a virtude da caridade. Con ese motivo distintas iniciativas axudan para que non falte o necesario a aqueles que están a atravesar unha situación complexa.
Recollemos nestas imaxes algúns momentos vividos neste Nadal.
No día no que a Igrexa celebra a festividade de Cristo Rei na Unidade de atención parroquial de Allariz vivimos con gozo a reapertura da Igrexa de San Esteban con unha celebración presidia polo noso Bispo.