Uns días de Gracia

14.07.2023

Nos días da novena que acabamos de rematar sentimos a Gracia de Deus dunha forma especial Foron días para recibir a forza de Deus a través dos seus sacramentos de forma especia no sacramento da penitencia e da unción de enfermos. Días nos que nos achegamos máis a Deus a través da figura de San Benito. Días nos que pedimos pola paz e tamén pola Igrexa, dedicando o xoves a pedir polos sacerdotes e as vocacións á vida sacerdotal na adoración eucarística ó longo de todo o día.

Agradecemos a colaboración de todas as persoas que nos axudaron para que todos poidamos vivir estes días dunha maneira máis digna.

Agradecer a D. Miguel Salas que nos axudou coas súas meditacións ó longo destes dez días e tamén ó resto de sacerdotes que nos acompañaron.