Peregrinación a Fátima

16.05.2022

O pasado día 11 de maio un grupo de arredor de 100 persoas peregrinamos ó Santuario que a nosa Diócese ten adicado á Nosa Señora de Fátima no barrio do Couto con motivo da novena que se estaba celebrando.

Unha celebración na que os fieis da Unidade de Atención parroquial de Allariz puxemos baixo o manto da Virxe Branca todas as nosas intencións e tamén as de aqueles que non poideron vir  por mor da idade ou da enfermidade. Na voz dos nosos pequenos,que fixeron a ofrenda, estaban tamén todas as nosas voces, que como fillos que van á casa da Nai se volven a sentir nenos ¡Viva a Virxe de Fátima!


Hoxe comezamos a novena a María baixo a advocación de Auxiliadora polo que a Misa da tarde volve ser na Igrexa de San Pedro de luns a sábado.