NOVENA E FESTA DE SAN BENITO

15.07.2022

A novena de San Benito foi un momento de Gracia para a nosa Unidade de atención parroquial. Presidiron a novena distintos sacerdotes diocesanos que tiveron moito que ver no camiño de formación dos nosos párrocos. E ademáis acompañaronnos distintas corais que nos axudaron a rezar máis e mellor: Ruada, Entrimo, Coral Arnoia de Allariz, Queiroás e, como non, o coro do Santuario de San Benito.

Neste ano xa poidemos percorrer as rúas da nosa vila coa imaxe do patrón que foi acompañada como é costume por as outras imaxes que se veneran no Santuario, ademáis dos xigantes e cabezudos ¡e tamén do carro triunfante! que nos últimos anos non saira na procesión.

O día de San Benito presidiu a Misa solemne o Sr. Bispo clausurando así o tempo de Gracia Xubilar que viñamos disfrutando dende o mes de marzo.

Gracias a todos os que con moito cariño axudades para que todo isto sexa posible.