Memoria ano 2022

06.03.2023

O pasado día 22 de febreiro ó remate da Misa de Cinsa no Santuario de San Benito tivo lugar unha presentación de todo o vivido ó longo do ano 2022 na Parroquia de Allariz. 

Comezouse coa reproducción dun vídeo duns 15 minutos no que se recollían algunhas das cousas ocorridas no pasado ano. A continuación tivo luga a exposición das contas da Cáritas de Allariz, da parroquia de Allariz e do Santuario de San Benito. Finalizou o acto animando a todos os fieis a cubrir unha folla de voluntariado, reservando no mesmo papel un espacio en branco no que poder indicar  as cousas máis me acercan a Deus, as que menos e podendo tamén deixar por escrito as suxerencias ou queixas que xurdan.

Un acto no que dar gracias a Deus por todo o vivido neste ano e para animarnos a seguir colaborando no sostemento da nosa Igrexa.

A  continuación deixamos o enlace ó vídeo proxectado así como os documentos das contas e da folla de voluntariado que seguimos pedindo cubran o maior número de fieis posible.

https://youtu.be/2ygetOZr0hQ