Festa en San Salvador

24.05.2023

O día da Ascensión máis dun centenar de persoas puxéronse en camiño dende o Santuario de San Benito en Allariz, acompañadas polo noso Bispo, cara a capela de San Salvador dos Penedos. Alí, unidos a moitos fieis daquela bisbarra, celebraron a festa da Ascensión de Xesús ó ceo: coa Eucaristía, un xantar popular e con xogos para os máis pequenos. Un día de festa nun lugar no que a natureza envolve o ambiente e transmite a Paz de Deus