AUXILIADORA, SALVADOR, CORPUS....

13.06.2022

Nestes últimos días tivemos distintas celebreacións na nosa Uap. O día 24 de maio festexamos a Nosa Nai, María Auxiliadora. Nese día estiveron con nos os Padres Salesianos que tantos anos viviron nesta vila. Vaia  aquí o noso agradecemento pola sua presenza entre nos. Finalizamos a novena e a festa coa procesión da Virxe polas rúas.


O domingo 29 collemos camiño cara San Salvador dos Penedos para celebrar a Ascensión do Señor. Subimos,un bo grupo, a pé dende o Santuario de San Benito para celebrar alí a Misa e despois compartir un xantar no que vivir a fraternidade entre os que formamos parte desta Unidade de Atención Parroquial. Agracemos dende aquí a todos os que coidan da capela e os que ficeron maís festivo o día coa presenza dos gaiteiros e as bombas.


O domingo seguinte o día 5 celebramos as Primeiras Comuñós comunitarias no Santuario de San Benito. Un día de gozo para os pequenos que neste día recibiron a Xesús presente na Eucaristía por vez primeira. ¡Moitas felicidades!


Este domingo pasado, solemniodade da Santísima Trinidade, a parroquia de Queiroás festexou o Corpus de forma anticipada. Agradecer a comprensión para trasladalo de día para poder facelo así con máis devoción (e tranquilidade...)