¡Apóstol Santiago!
O pasado día 8 de outubro arredor de 120 persoas da Unidade de atención parroquial de Allariz chegamos a Compostela, uns facendo o última etapa camiñando e outros en autobús, para ganara o xubileo neste Ano Santo.
Formamos parte dese grupo de case 2.000 peregrinos que dende Ourense chegamos ó Seminario Menor da Inmaculada onde tivemos a celebración penitencial e o xantar fraterno. Xa despois de comer fomos cara a catedral presididos polos estandartes máis representativos da nosa Diocese e como peregrinos celebramos a Eucaristía onde o noso Bispo fixo a ofrenda ó Apóstol Santiago.
De volta cara os nosos fogares os peregrinos de Allariz fixemos parada no Santuario da Virxe do Corpiño onde tivemos o saludo sabatino á Nosa Nai dando gracias por todo o vivido neste día.