Á VIRXE MARÍA

31.08.2023

O comezo do mes de setembro ven marcado na nosa unidade de atención parroquial polas distintas novenas na honra á Virxe María.

Dende o día 31 comezamos a novena na honra a Virxe dos Remedios en San Martiño de  Pazó que se celebra ás 19.30h, e a novena á Virxe da Torre en Santa Baia e á Virxe das Portas Abertas en San Miguel de Torneiros que se celebra ás 20.30h.

A partir do luns día 4 comezamos en Queiroás a Novena ó Doce Nome de María que será ás 19.30 así como a novena á Virxe de Vilanova de Allariz na vila de Allariz. Polo tanto, a Misa da tarde no centro de referencia de Allariz será de lus a sábado na Igrexa de Santiago de Allariz.