"A media noche me levanto para dar gracias"
22.03.2022
A media noche me levanto para dar gracias, aunque la oración es una continua acción de gracias. Regla n.16
Aínda que non temos que levantarnos nin é medianoite, seguindo este precepto da regra de S. Benito sí que debemos dar gracias polo que hoxe vivimos.
- Gracias a Deus por este don que hoxe recibimos con ledicia nestra Igrexa que peregrina polas terras de alaricanas. Don que se fai vida en persoas concretas:
- Gracias ó noso Bispo, D. Leonardo, gracias pola sua presenza nesta tarde, e polo seu desexo de elevar esta Igrexa á categoría de Santuario, querendo amosar desta maneira a importancia deste templo como centro de culto, non só para esta parroquia de Allariz, senon para toda a contorna.
- Gracias ós nosos irmáns sacerdotes e diáconos que nos acompañan nesta celebración como manifestación da fraternidade sacerdotal.
- E hoxe, que na Igrexa se celebra o día do Seminario, temos a sorte de contar, non só con Carlos que nos acompaña cada semana, senon con todos os seminaristas do noso seminario Maior Divino Maestro. Que isto sexa un aliciente para seguir rezando por eles e polas vocacións ó ministerio sacerdotal.
- Gracias a todas as persoas que fixeron posible a celebración desta tarde: ó coro deste Santuario, ós lectores, ós encargados da limpeza, das flores, á Asociación Amigos de San Benito, e gracias sobre todo a aqueles que día a día coidan desta casa de San Benito.
- Gracias a todos os fieis da Unidade de Atención Parroquial de Allariz que tanto se ilusionaron con este día e están aquí presentes.
- Gracias ás irmás Clarisas por todo o que aportaron e por todo o que rezan por nos.
- Gracias ás autoridades civís e militares, de forma especial agradecemos ó concello de Allariz o seu apoio tanto anímico como material para esta celebración.
- Gracias a todos os que nesta tarde estades aquí.
Obra el bien, busca la paz y corrre tras ella. Con esta frase do prólogo da regra de San Benito queremos rematar pedindo pola paz do mundo e pola paz entre nos. Que San Benito pacificador e patrón de Europa siga intercendendo por nos.
Ruega por nosotros Glorioso San Benito Abad, para que seamos dignos de alcanzar las promesas de Nuestro Señor Jesucristo. Amén
Equipo Pastoral da Unidade de Atención Parroquial de Allariz.
Santuario de San Benito.
20.03.2022