A UAP


Unha UaP é unha agrupación estable de parroquias limítrofes para formar unha comunidade cristiá, viva, fraterna e orgánica, que permita realizar as actividades apostólicas dunha pastoral misioneira coa participación dos fieis, encomendada polo bispo a un sacerdote, ou equipo sacerdotal, como unidade de evanxelización.

  • Cada parroquia conserva a súa identidade: nome, selo, arquivo e patrimonio pero a acción pastoral é conxunta

Que supón unha UaP?

  • Un equipo pastoral: sacerdote, laicos, vida consagrada.
  • Un proxecto común con unha axenda única.
  • Lugares de referencia fixos, estables e coñecidos:

-Para as celebracións: non é o sacerdote o que vén.

-Para a acción pastoral.

-Para a garda e custodia dos distintos arquivos

O equipo sacerdotal

O equipo sacerdotal exerce a cura pastoral solidariamente sobre todas e cada unha das parroquias e sobre toda acción pastoral, aínda que logo no día a día se repartan as tarefas e un deles sexa o responsable inmediato.

A UAP de Allariz


A unidade de atención parroquial de Allariz: abrangue a vila de Allariz (Santiago, San Esteban e convento de Santa Clara) e doce  parroquias rurais do mesmo concello (Parroquias de San Miguel de Torneiros, Santiago de Coedo, Santa María de Requeixo, Santa María de Vilanova de Allariz, San Breixo de Espiñeiros, San Breixo de Queiroás, San Mamede de Urrós, Santa Baia de Urrós, San Vitoiro de A Mezquita, San Martíño de Pazó, San Xoán de Seoane e San Torcuato) . O equipo sacerdotal está formado dende setembro de 2022 por D. Francisco López (Pazos-Vilamarín,1989), D. Adrián Rodríguez (Paradela-Coles, 1990) ,ambos ordeados o dous de agosto do ano 2020, E D. Benjamín Alexander Moreno Castaño (Santo Domingo-República Dominicana, 1993), ordenado o  4 de xuño do ano 2022.

 O centro de referencia da Uap é a vila de Allariz.